No último día de clase, os nenos/as, mestres e pais/nais, acudimos ó campo de San Pedro para celebrar a festa de fin de curso.
Cando chegou o turno dos xogos, os pequenos tiveron a ocasión de disfrutar de diferentes xogos populares, e os maiores fixeron unha carreira de orientación con mapas e brúxulas que os levaban a atopar un suculento tesouro.
Como as imaxes valen máis que mil palabras, aquí vos queda unha mostra.
Con esta entrada, damos por finalizado este curso no noso blog, que no curso 16/17 trataremos de ir mellorando e completando. Esperamos que fose do voso agrado.
Un saúdo a todos/as e moi felices vacacións.
Ata pronto!
Xogos populares
Carreira de Orientación