mércores, 25 de maio de 2016

Experimentando novas habilidades coas picas

Hoxe os nenos/as de 3 anos tiveron a oportunidade de xogar cun material un tanto descoñecido para eles como son as picas, e que como comprobaron ten un gran núero de utilidades.










Finalmente, tamén tivemos tempo para practicar un poco de saltos, nesta ocasión empregando a comba.




Descubrindo o Ringopica

Continuando cos xogos e deportes alternativos, nesta ocasión falamos do "Ringopica". 
Trátase dun deporte alternativo similar ó floorball pero en lugar de xogar con sticks e bolas, xogamos con picas e ringos ou aneis.
Ó igual que o floorball ou o hockey herba ou patíns, xógase por equipos e con dúas porterías enfrontadas.
Nesta ocasión fixemos a nosa propia adaptación ó espazo e material como podedes observar nas fotos.





Clausura do curso de vela

Un ano máis, os nenos de 3º e 4º acudiron á actividade "xogando co vento" a través do programa Xogade e en colaboración coa escola de vela Carrumeiro.
Pásamolo estupendamente e agradecemos a paciencia de Noemí e o seu equipo.
O xoves faremos a entrega de diplomas para dar por rematado o curso. Moitas gracias!






martes, 24 de maio de 2016

Unha de xogos populares

Esta semana, completando o traballo feito en pasadas unidades, os nenos/as de 2º estiveron probando máis xogos populares. Neste caso chegoulle o turno á comba e á goma. Tras canción e canción tivemos a oportunidade de rememorar estes xogos e a súa riqueza.

 

(Xogando á goma. Canción: "Chicle Americano")




 (Xogo de corda. Canción: "O cocherito")

venres, 20 de maio de 2016

Xogos e deportes alternativos

Nestes intres, os alumnos/as dos diferentes niveis están a coñecer diferentes xogos alternativos e poñendoos en práctica no ximnasio e pavillón. Eran descoñecidos para eles, pero están a disfrutar moito deles. Aquí vos queda algunha mostra:

4x4 

Xogo que consiste en golpear a pelota coa man tratando de enviala a outro cadrado distinto do que proviña.






Indiaca

Consiste en lanzar a indiaca(obxecto voador) coa palma da man tratando de que ésta caia ó chan antes de que o xogador/a do outro equipo a devolva da mesma forma ó noso campo.






Kin-ball

 Xogo con tres equipos de catro xogadores. Cada equipo ten unha cor. Un deles comeza sacando e di unha palabra clave: "OMNIKIN", trala cal nomeará a cor doutro equipo e golpeará a bola, tendo este equipo que interceptala antes de que caia ó chan, xa que senón otorgaralles un punto a cada un dos outros dous.
Se conseguen interceptala, continuarase co xogo da mesma maneira ata que alguén consiga puntuar.





Unha derrota inesperada

O alumnado de 5º e 6º de Primaria está rematando a unidade de minigolf.

     

Queremos amosarvos as últimas fotos que fixemos...

...nas que se reflexan como nós, logramos derrotar tras un duro partido ó mestre de Educación Física.
Tivemos que consolalo, pero finalmente admitiu a súa derrota e recoñeceu a nosa gran técnica ja,ja,ja.

Esperemos que isto non inflúa na nosa nota.


domingo, 8 de maio de 2016

Os xogos populares

Os xogos populares chegaron ó Praia de Quenxe, e tivemos a oportunidade de transportarnos a épocas anteriores a través de xogos de antaño, pero que deberían perdurar por sempre pola súa orixinalidade e pola gran cantidade de destrezas que traballamos na súa execución.
Aquí vos deixamos algúns exemplos:

Canicas

 

Petanca

 

Carreiras de sacos



Zancos

Chapas
 
                                     
A rá