venres, 20 de maio de 2016

Xogos e deportes alternativos

Nestes intres, os alumnos/as dos diferentes niveis están a coñecer diferentes xogos alternativos e poñendoos en práctica no ximnasio e pavillón. Eran descoñecidos para eles, pero están a disfrutar moito deles. Aquí vos queda algunha mostra:

4x4 

Xogo que consiste en golpear a pelota coa man tratando de enviala a outro cadrado distinto do que proviña.






Indiaca

Consiste en lanzar a indiaca(obxecto voador) coa palma da man tratando de que ésta caia ó chan antes de que o xogador/a do outro equipo a devolva da mesma forma ó noso campo.






Kin-ball

 Xogo con tres equipos de catro xogadores. Cada equipo ten unha cor. Un deles comeza sacando e di unha palabra clave: "OMNIKIN", trala cal nomeará a cor doutro equipo e golpeará a bola, tendo este equipo que interceptala antes de que caia ó chan, xa que senón otorgaralles un punto a cada un dos outros dous.
Se conseguen interceptala, continuarase co xogo da mesma maneira ata que alguén consiga puntuar.





Ningún comentario:

Publicar un comentario